viernes, 31 de marzo de 2017

PALETAS DE PINTOR...


PINTURA RIMA CON LECTURA

Este é o lema do noso proxecto e aquí, en cada unha das paletas de pintor que vedes, están sinalados as pintoras e pintores seleccionados para traballar o mundo da arte e da pintura.

viernes, 10 de marzo de 2017

YOSEBA MURUZÁBAL

O pintor Yoseba Muruzábal está a piques de rematar o gran mural nunha parede do colexio. Hoxe recibiu a visita de moitos nenos e nenas e contestou ás súas curiosas preguntas, fixéronlle unha entrevista e presentounos na biblioteca un vídeo sobre o seu traballo.
Moitas grazas Yoseba!


domingo, 5 de marzo de 2017

VIVA O ENTROIDO!


Polo  entroido as aulas e os patios do colexio enchéronse de disfraces e comparsas. Moitos deles relacionados co mundo da pintura. Alí estaban Maruxa Mallo, Menchu Lamas...

Podedes ver as fotos na galería de imaxes da páxina web do noso cole. Aquí van algunhas.







A REGUEIFA DO ENTROIDO DAS FONTIÑAS

En Fontiñas tivemos regueifas e polo tanto, regueifeiras. Aquí vos van para recordalas:

Aquí estamos regueifando
no colexio das Fontiñas,
cantándolle ao Entroido
unhas coplas ben feitiñas.

Unhas coplas ben feitiñas,                                          
este ano hai proxecto
de pintoras e pintores
imos contarvos a historia.

Inundada de mil cores
está Marta Cabaleiro
ela naceu no Porriño
que fai cadros moi bonitos
pinta con moitos puntiños.

Menchu Lamas é viguesa
pinta con moita paixón
ela deixa en cada cadro
anacos de corazón.

E aquí en Santiago
xogou Euxenio Granell,
viviu aquí a súa infancia
e pintaba con pincel.

Chega o surrealismo
da man de Maruxa Mallo
ao igual que o peliqueiro
cando toca o seu chocallo.

Seoane, ou Don Luis
debuxante e escritor,
arxentino e coruñés,
era un gran orador.

Manuel Pailós era moito!
Un artista integral,
tanto pintaba un cadro
que esculpía un animal.

Hai pintura en galego,
tamén no Renacemento,
pois na nosa terra sempre
desbordamos co talento.

Cando tiña nove anos
á Coruña veu vivir
un bulideiro Picasso
que tiña un gran porvir.

Imos dar a despedida
deste Entroido das mil cores.
Gozade moito da festa,
repartide paz e amores.

sábado, 4 de marzo de 2017

MULLERES QUE FAN HISTORIA





Para este concurso foron seleccionadas cinco pintoras de varias épocas, estilos e nacionalidades. As bases e pistas están expostas no taboleiro así como no blogue da biblioteca e na páxina web do colexio.